Mañá terá lugar na UNED de Lugo a cuarta e última sesión de Fiadeiras con Mónica Alonso
Mónica Alonso será a protagonista desta última sesión, que terá lugar mañá mércores 29 de maio ás 18:30 no salón de actos do centro.
Mónica Alonso é artista plástica cunha dilatada carreira que transcendeu fronteiras. En 1999 concédeselle a Bolsa Fenosa que a leva a Nova York ao Acconci Studio. En 2001-2003 recibe a Bolsa Endesa para as artes plásticas e en 2004, a Bolsa Fundación YADDO, Nova York. 2005 vai ser un ano especial para a artista: reside en Roma coa Bolsa da Academia de España en Roma. Recibe a Bolsa CAM de Arte Contemporánea co proxecto: ‘Do frío ao calor, do calor ao frío, pasando polo temperado’. Este feito lévaa a viaxar de lugares de frío a lugares de calor: Oslo, Sao Paulo, Patagonia Arxentina, Nord Kapp ou o Sahara. A súa multidisciplinariedade lévaa a realizar varios proxectos: Next 8 Mostra Internazionale dei Architettura, A Biennale dei Venezia, Pavillón Español, 2002; Terapia Habitación de Hospital, Hospital Clínico Universitario de Santiago, CGAC, 2008-2010; Intervención cromática en Centro de Día en Maceda Ourense, 2009. Ingresa en 2022 na Academia Galega de Belas Artes.
Fiadeiras achéganos as experiencias e impresións de varias mulleres galegas que hoxe son referentes indiscutíbeis nos seus correspondentes campos de creación e/ou actividade e que, a través da súa participación axudarannos a formular mellor algúns dos interrogantes e desafíos que como mulleres enfrontamos en todo tipo de ámbitos.
Unha actividade enmarcada dentro do programa UNEDFutura.
Máis información e matrícula: