O comisario principal da Policía Nacional de Lugo presentará na UNED un seminario sobre investigación e intelixencia criminal
O Comisario Principal, Xefe Provincial de Lugo, D. José María Esteban Corral presentará un seminario sobre investigación e intelixencia criminal orientado desde unha visión xurídico-operativa.
O seminario busca profundar en aspectos básicos da investigación criminal e a recopilación de intelixencia, examinando as diferentes perspectivas impartidas por profesionais do Corpo da Policía Nacional. Así contará coa participación de tres inspectores do citado corpo como relatores.
A inauguración será o próximo día 24 de 16:00 a 16:30 horas. O curso realizarase de xeito presencial e online do 24 ao 28 de abril.
Dispón de máis información e acceso á matrícula en https://extension.uned.es/actividad/30971&codigo=SEIC