Paula Fraga e Víctor Fraga abordarán os programas de intervención con agresores penados nun curso da UNED de Lugo

No curso Programas de intervención con agresores penados no medio aberto. A reeducación dos agresores, ¿mito ou realidade? abordaranse a violencia de xénero e as formas de violencia contra a muller tanto desde unha perspectiva sociocultural das causas subxacentes, como desde a perspectiva da resposta penal orientada á reeducación e modificación de conduta para homes que exerceron violencia de xénero e que foron condenados a unha pena privativa de liberdade ou medida alternativa.

Será impartido por: Paula Fraga Arias, xurista, divulgadora, docente no Posgrao Malestares de Xénero da Escola ESEN, Medalla Concepción Arenal de APCA Lugo 2018, Premio “Entre Mulleres” do Concello de Lugo 2019, e Víctor Fraga Gayoso, funcionario do Corpo Superior Técnico de II.PP.  (Especialidade Psicoloxía), relator en diversos congresos e xornadas científicas a nivel nacional e internacional, profesor-titor UNED Lugo.

Realizarase online e presencial do 20 ao 21 de abril, de 16:00 a 17:30 horas

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/26170&codigo=VDGSP