Quinto encontro de Lugopoética 2024

Mañá, xoves 2 de maio, vaise celebrar na UNED de Lugo o quinto dos encontros de LUGOPOÉTICA 2024, no que participarán as poetas Olga Novo e Cristina Corral. O encontro será coordinado polo presidente de Egeria, Xulio Xiz.
Comezará ás seis e media da tarde, e nel ámbalasdúas poetas lerán os seus poemas, falarán de poesía e da súa traxectoria. O acto será público, podendo asistir todas as persoas interesadas. Ademáis pode ser seguido por Youtube ( https://youtu.be/yiCHur7NHQg ) en directo e diferido e, con posterioridade, nas webs de Egeria e Lugopoetica2024.
Os contidos dos seis encontros, promovidos por Egeria co apoio da UNED e da Xunta de Galicia, seran recollidos posteriormente nun libro.
- Olga Novo (Vilarmao – Pobra do Brollón, 1975). Doutora en Filoloxía galega pola USC, posúe os premios Losada Diéguez e os Nacionais da Crítica e de Poesía. O Patronato de Cultura Galega de Montevideo dedicoulle en 2004 o Día da Poesía Galega. Libros sobre a obra de Rodríguez Fer e Novoneyra, acredítana como ensaísta. Luminosos poemarios (‘A teta sobre o sol’, ‘Nós nus’, ‘A cousa vermella’, ‘Cráter’, ‘Feliz idade’…) conságrana como gran poeta.
- Cristina Corral Soilán (Lugo, 1976). Escritora, xornalista e profesora de lingua e literatura española. Ten traballado no xornal El Progreso de Lugo e Europa Press. Escribe contos, teatro e cancións para niños y niñas. Colabora en diversos medios, ademais de ser co-editora do fanzine ‘A Revolta’. Dende 2017 co-dirixe o proxecto Espora (Escolas pola Radio) co que traballa en toda Galiza.
Os Encontros rematarán o próximo 6 de xuño, coa participación de Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, e Francisco Javier Neira Pampín.