/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Hoxe celebramos o Día Mundial Do Medio Ambiente!

O lema deste ano 2019 é: #SinContaminacionDelAire

https://www.un.org/es/events/environmentday/index.shtml

Todos podemos poñer da nosa parte para protexer e mellorar o medio!

Na UNED realizáronse accións que contribúen a que a nosa Universidade mellore no cumprimento dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e así plasmarase no Plan Estratéxico da UNED que se presentará o próximo mes no Claustro.

Pronto teremos dispoñible unha páxina web que recolla as accións que a nosa Universidade levou e está a levar a cabo e que quizais descoñezas:

  • Dende a Oficina Técnica de Obras e Mantemento, adscrita ao Vicerrectorado de Economía da UNED, viñéronse implantando dende o ano 2000 sucesivas accións tendentes á mellora da eficiencia enerxética dos edificios da sede central da UNED, á preservación dos recursos naturais e ao respecto co medio.
  • En concreto entre 2000 e 2010, implantouse un sistema automatizado de regulación dos edificios, elimináronse o gasóleo como fonte de enerxía e o uso de refrixerantes con potencial de degradación da capa de ozono.
  • Dende 2010, viñéronse implantando tecnoloxías e deseños máis eficientes nas instalacións de climatización e iluminación dos edificios, mellorando de xeito continuado as condicións de operación e mantemento destas e incorporando criterios de compra eficiente.
  • En datas máis recentes, levaron a cabo as certificacións e auditorias enerxéticas de todos os edificios, creouse o Portal de Datos abertos da OTOM, iniciouse a redacción dun Plan de Xestión Sostible da Auga, redactouse o informe de pegada de carbono da UNED, aprobándose polo Consello de Goberno o seu rexistro, así como a Política de Xestión Enerxética da UNED.
  • Estase a preparar o Cuestionario de Sostibilidade de 300 indicadores da CRUE.
  • A Biblioteca da UNED conta no seu espazo con iniciativas en responsabilidade social e Biblioteca sostible que se poden seguir:

http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,49365412&_dad=portal&_schema=PORTAL

Actualmente continúase traballando en diversos obxectivos, entre os que se encontra implantar puntos de recarga para vehículos eléctricos e a redución do consumo de plástico nos edificios.

Avanzámosche que na próxima Comisión de Asuntos Xerais, está prevista a creación do Observatorio de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na UNED.

Queremos invitarte a PARTICIPAR en:

  • Seminario virtual por un Mundo Verde. Rede Universitaria sobre Cambio climático. 13 e 14 de xuño 2019.

https://www.unadmexico.mx/sitios/redUniversitariaCambioClimatico/

  • Xornada “Economía da auga e ODS na UNED e os centros asociados”. 11 de xuño de 2019

http://blogs.uned.es/catedra-aquae/eventos-catedra-aquae/

Comunícanos as túas iniciativas, estudios, proxectos e investigación para que poidamos facelas visibles e sumar. E contribúe á mellora do medio e da UNED, recursos naturais, cambio climático, educación, sostibilidade, economía circular…

Grazas pola túa colaboración.