/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED trae a Lugo o Festival Internacional de Poesía e Arte “Grito de mujer 2020”

O Festival Internacional de Poesía e Arte Grito de Mujer 2020 celébrase por primeira vez en Lugo. Creado pola escritora e poeta Jael Uribe e coordinado por Edith Fernández, este festival celebra a súa décima edición co lema ¿Quen berra por ti?

O Centro Asociado de Lugo será un dos escenarios deste festival, que se desenvolverá simultaneamente en todo o mundo do 1 ao 31 de marzo. Para Lugo, a cita será o 27 de marzo de 18:30 a 21:00 no Salón de Actos do Centro, onde se lerán tanto os poemas elaborados polos participantes lucenses (de forma presencial), como os poemas de autores doutras partes de España e doutros países.

A temática dos poemas, seguindo o citado lema ¿Quen berra por ti?, son as vítimas da violencia de xénero (aparte das propias mulleres), son os orfos dos feminicidios, os orfos de nai, pai ou de ambos os dous, orfos do amor por causa da violencia.

Os interesados en participar deberán enviar un poema á direcciónedithpoesia@hotmail.com, teñen de prazo ata o 1 de febreiro do 2020.

Consulta aquí as bases da Convocatoria