A UNED SÉNIOR oferta unha nova materia: Informática e Novas Tecnoloxías
O prazo de matrícula abrirase o próximo luns 3 de febreiro e permanecerá aberto ata o 3 de marzo.
Esta formación sénior ten como obxectivo achegar a nosos maiores á informática e ás novas tecnoloxías, para facilitar a súa vida diaria e evitar que queden atrás no cambio tecnolóxico.
A matrícula poderase realizar de forma online ou presencial na Sede da UNED. Se se chega ao mínimo de matrículas requirido, as clases empezarán o 18 de febreiro.
Este curso será impartido por Dª. Rocío Cuiña Cotarelo, doutorada pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora-titora de Ciencias na UNED.
Realizarase neste segundo cuadrimestre, os martes en horario de 10:00 a 12:00.
Máis información e matrícula aquí.