/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Orientación Laboral

A orientación laboral, é unha das funcións que o xestor de orientación , información e emprego e atención ao estudante, presta ao mesmo. É un proceso de axuda, estímulo e acompañamento personalizado ao estudante, dirixido á toma de decisións profesionais, ao desenvolvemento de competencias profesionais, a planificación e ao progreso satisfactorio da súa carreira profesional.

A UNED, a través do COIE, planifica, desenvolve, revisa, avalía e reformula, en función dos resultados da avaliación e dos obxectivos de mellora, unha serie de actuacións dirixidas á orientación profesional dos estudantes:

  • Información profesional.
  • Formación en técnicas de procura de emprego e inserción laboral.
  • Asesoramento e consello personalizado relacionado co teu desenvolvemento profesional.

Na seguinte ligazón: http://coie-server.uned.es/3044, o alumno pode acceder “A un taller de procura activa de emprego“, onde pode obter unha ampla información acerca de ferramentas de procura de emprego, recursos de orientación, direccións de portais de procura de emprego e emprego no estranxeiro.

Calquera problema que o alumno teña para poder acceder a esta información, seralle facilitada polo xestor de orientación, información e emprego e atención ao estudante.

coie-uned-1