Prácticas Profesionais

As prácticas profesionais, extracurriculares en empresas, teñen o obxecto de completar a formación do alumno. No Centro Asociado de Lugo, estamos a traballar para conseguir a colaboración de empresas neste tipo de prácticas.

Diplomaturas, Enxeñarías Técnicas, Licenciaturas e Enxeñarías

  • Requisitos do estudante en prácticas (1). Créditos superados antes da realización da prácticas: 50% do total de créditos da titulación.
  • Duración das prácticas (Nº de horas de prácticas recomendadas por curso académico (2) (3) ): 750 h.
  • Data finalización do periodo de prácticas: 30 de setembro.

Graos

  • Requisitos do estudante en prácticas (1). Créditos superados antes da realización da prácticas: 50% do total de créditos da titulación (3).
  • Duración das prácticas (Nº de horas de prácticas recomendadas por curso académico (2) (3) ): 750 h.
  • Data finalización do periodo de prácticas: 30 de setembro.

Máster Oficiais e Títulos propios (Experto universitario, Especialista Universitario e Máster Universitario, Formación do Profesorado, Ensino Aberto, Desenvolvemento Profesional)

    • Requisitos do estudante en prácticas (1). Créditos superados antes da realización da prácticas: Só fará falta que estean matriculados no curso completo.
    • Duración das prácticas (Nº de horas de prácticas recomendadas por curso académico (2) (3) ): O resultado de: Nº de ECTS matriculado multiplicado por 25. Non se poderán superar 60 ECTS /ano.
    • Data finalización do periodo de prácticas: A data de finalización do curso.

 

 

(1) O estudante estará matriculado na UNED durante o período completo de realización das prácticas.
(2) En todos os casos, a duración máxima permitida das prácticas será de 900 horas por curso académico.
(3) O convenio de prácticas poderá ser prorrogado nos cursos académicos sucesivos (respectando o número de horas de prácticas recomendado por curso académico), até a finalización dos estudos correspondentes. Este criterio non é aplicable ás titulacións de Enxeñaría Informática, Psicopedagoxía e Antropoloxía Social e Cultural.

OBSERVACIÓNS:

  • Seguro: En caso de non existir obrigación de dar de alta ao estudante no Réxime Xeral da Seguridade Social (por non ser prácticas remuneradas) e que tampouco goce da cobertura do Seguro Escolar, a Universidade encargarase de tramitar o seguro do estudante que corresponda.
  • Gastos de mediación e xestión: No caso de tratarse dunha empresa privada, efectuarase un único pago de 50 euros á Universidade, en concepto de mediación e xestión.
  • Axuda ao estudo recomendada: O COIE recomenda unha axuda ao estudo, mínima de 400 euros mensuais por unha xornada de cinco horas.

Modelo de Convenio para Prácticas Extracurriculares

BICI (Boletín interno de Coordinación Informativa)
Pódese seguir toda a información actualizada a través do BICI. Este boletín sae publicado todos os luns lectivos do curso académico. A través desta ligazón pode consultar toda a información do COIE.
http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,176876&_dad=portal&_schema=PORTAL

NORMATIVA QUE REGULA AS PRÁCTICAS EXTRACURRICULARES:
http://coie-server.uned.es/normativa

coie-uned-1