Plan de Acollida do Centro Asociado de Lugo

Cos plans de Acollida a UNED intenta introducir o alumno dunha forma rápida nas metodoloxías e tecnoloxías que o alumno deberá utilizar nos seus estudios.

Ao principio do curso o Centro asociado de Lugo organiza unha serie de sesións nas que trata de orientar ao alumno dun xeito rápido e conciso sobre os diferentes recursos tecnolóxico- educativos que a UNED pon disposición de todos os seus alumnos para axudarlles nos seus estudios. As devanditas sesións duran entre unha hora e media e dúas horas e celébranse na Aula de Informática do Centro asociado de Lugo. Nestas sesións oriéntase ao alumno sobre:

  • O Campus de Estudante e a súa Secretaría Virtual.
  • A súa conta de correo electrónico.
  • O acceso aos Cursos Virtuais e o seu manexo.
  • Presentación dos diferentes tipos de titoría.
  • Revisión dos recursos online da UNED.

Durante o proceso de matriculación en setembro e outubro de cada ano podes inscribirte (presencialmente ou por teléfono) e escoller algunha das sesións que se celebrarán.

encuentros