/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Lectura de poesía contra a violencia de xénero na Uned de Lugo

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o próximo luns, día 25 de novembro ás 18:30 horas, realizarase un breve acto no Centro de Lugo no que a comunidade universitaria participará na lectura de varios poemas.

Todas aquelas persoas interesadas poderán participar coa lectura dun poema de creación propia ou doutros autores, que trate sobre o tema ou que estea relacionado coa violencia contra a muller.