Servizos de Biblioteca
Préstamo
Para acceder ao préstamo na Biblioteca do Centro Asociado da UNED de Lugo é preciso pertencer á comunidade universitaria da UNED e ter o carné que o acredite (carné de estudante).
Poderán ser usuarios externos da Biblioteca as personas debidamente acreditadas mediante o carnet de usuario que permitirá consultar e retirar documentos en préstamo nas condicións establecidas pola Normativa e Procedemento de Usuarios Externos.
Poderá usar o carné unha persoa distinta ao titular sempre que presente unha AUTORIZACIÓN NORMALIZADA do titular do carné de estudante: Descarga Documento
Condicións e prazos:
Número máximo de préstamos: 3 documentos simultaneamente por usuario.
Duración ds préstamos:
- Monografías: 15 días.
- Bibliografía básica: 1 semana.
- Audiovisuais: 1 semana.
Fondos excluidos de préstamo:
- Obras de referencia (dicionarios, enciclopedias, atlas, códigos lexislativos,…)
- Publicacións Periódicas.
Renovacións:
Todos os documentos poden renovarse SÓ unha vez, por un período igual ao do préstamo.
Acceso á renovación en líña
AVISO IMPORTANTE:
Ao renovar os préstamos por Internet, vencen sempre ás 21:00 do día que se indica na folla de préstamo. A devolución de préstamos fóra de prazo supón 1 día de sanción por día de atraso e documento.
Reservas:
Poderán solicitarse por teléfono, presencialmente ou a través de WhatsApp, sendo a vía preferente a través do Catálogo. Buscador de la Biblioteca (Identificarse -Solicitudes)
Préstamo Interbibliotecario
Se non atopas o documento que buscas na nosa biblioteca, podemos solicitalo a outra mediante o servizo de préstamo interbibliotecario.
O servizo está dirixido exclusivamente aos alumnos das titulacións que ofrece o Centro Asociado de Lugo, titores e alumnos de posgrao.
- Consulta a Normativa de Préstamo Interbibliotecario
- Descarga o modelo de solicitude de Préstamo Interbibliotecario
Consulta e lectura
Dispoñemos dunha sala de estudo con vinte e catro postos de lectura e tres postos informáticos para a consulta de audiovisuais e navegación por Internet, están equipados cun software ofimático actualizado e apropiado para o ámbito académico.
Tamén hai un posto para consulta exclusiva do catálogo da nosa biblioteca e de todos os recursos que a Sé Central pon á nosa disposición.
A colección non está en libre acceso, polo que deberán solicitarse os fondos ao persoal bibliotecario.
Información Bibliográfica
- Información sobre a biblioteca e os seus servizos.
- Asesoramento sobre onde e como atopar información bibliográfica.
- Asistencia no uso do catálogo, as bases de datos, e outros recursos documentais en Internet.
- Titoriais e Guías da Biblioteca:
- Outros recursos de interese
Adquisicións
Calquera membro da comunidade universitaria poderá solicitar a adquisición de fondos mediante o modelo de desiderata. As peticións serán tramitadas seguindo a política de adquisicións fixada pola Dirección do Centro. A resposta a cada petición enviarase á mesma dirección electrónica que se indica no formulario da desiderata.
Adaptacións do material didáctico
O servizo de biblioteca poderá xestionar a solicitude de adaptacións do material didáctico básico para persoas discapacitadas, a través do Servizo UNIDIS
O alumno/a poderá dirixirse directamente a UNIDIS, se así o prefire.
Biblioteca
Dispoñemos dunha sala de estudo con vintecatro postos de lectura e tres postos informáticos para consulta de audiovisuais e navegación por Internet.