Boa práctica

FOMENTO DA IGUALDADE
RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA. CONTEXTUALIZACIÓN

 

A responsabilidade social corporativa (RSC), tamén chamada responsabilidade social empresarial (RSE), pode definirse como a contribución activa e voluntaria a mellora social, económica e ambiental por parte das empresas, xeralmente co obxectivo de mellorar a súa situación competitiva e valorativa e o seu valor engadido.

Baixo este concepto de administración e de xestión se engloban un conxunto de prácticas, estratexias e sistemas de xestión empresariais que perseguen un novo equilibrio entre as dimensións económica, social e ambiental.

No contexto de crise global que afecta a moitas familias lucenses, o Centro Asociado de Lugo realizou unha campaña de nadal cuxa recadación doouse integramente a Cáritas de Lugo.

PLANIFICACIÓN: enfoque

 

Campaña Solidaria 2012 “Recolleita de tapóns de plástico”

Campaña de recogida de tapones de plástico

É un proxecto e un movemento social que se centra en recoller tapóns de plástico.

A súa finalidade:

  1. Sufragar os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social de persoas con enfermidades graves ou para facilitar o acceso a complementos ortopédicos a aqueles outros que non teñen recursos.
  2. Colaborar coa sustentabilidade liberando ao medio ambiente de toneladas de plásticos e emisións de CO2.

A campaña ten lugar durante todo o mes de decembro.

Lugar de recolleita: vestíbulo da planta baixa do Centro Asociado da UNED en Lugo.

Urna para la recogida de tapones en el vestíbulo del edificio
Con esta mesma imaxe elaboráronse marca páxinas que se situaron na Secretaría e na Biblioteca do Centro:

recogida de tapones en la biblioteca
Publicidade da campaña na Biblioteca do Centro.

Realizouse unha campaña de difusión a través do facebook do centro da Uned en Lugo onde se invita a participar e colaborar a todos os que poidan aportar algo para dita campaña.

Publicidad de la campaña en Facebook
Publicidade da campaña na páxina de Facebook de UNED Lugo.

banco-de-tapones

REVISIÓN E MELLORA

 

No mes de decembro conseguiuse recoller unha bolsa de tapóns.

Á vista da boa acolleita que ha ter a campaña. Decidiuse manter a recolleita de tapóns e a día 25/09/2013 continúase facendo. Recolléronse tres bolsas máis, tal e como se pode ver nas seguinte imaxes.

bolsas-con-tapones

PLAN DE MELLORA PROFESORES-TITORES

 

Á vista dos resultados da enquisa 2011-2012 realizada aos profesores-titores, seleccionáronse os ítems cunha puntuación máis baixa, que tivesen certo grao de significación, para propoñer accións de mellora referentes a estes.

plan-profesores-tutores

Baseándose nisto os ítems seleccionados son os seguintes:

  • Teño acceso a coñecemento relevante e boas prácticas docentes relacionadas coa miña función titorial. Comunícase ao Coordinador Tecnolóxico a necesidade de intensificar os labores de comunicación cos profesores titores, de cara a un maior coñecemento destes aspectos por parte destes.
  • Recibo a información necesaria para desenvolver correctamente a miña función titorial. Na mesma liña, trátase de comunícase ao Coordinador Tecnolóxico a necesidade de intensificar os labores de comunicación cos profesores titores, de cara a un maior coñecemento da información que necesiten para realizar a súa función titorial. Ademais facilítaselles formación por parte de INTECCA e do IUED para que melloren o seu desenvolvemento da función titorial.
  • A carga docente entre os/as titores/as da miña área no Centro asociado está ben distribuída. A final do curso 2012-2013 o Coordinador Académico e a Secretaria do Centro reuniranse para revisar a carga docente dos profesores titores e realizar os axustes necesarios para unha mellor distribución desta.

 

PLAN DE MELLORA ESTUDANTES:

 

Á vista dos resultados da enquisa de satisfacción de estudantes cos servizos do Centro (2011-2012), seleccionáronse os ítems cunha puntuación máis baixa para propoñer accións de mellora referentes a estes.

plan-estudiantes

Toman os ITEM que teñen peor puntuación e unha certa significación á hora de propoñer accións correctivas ou de mellora.

Baseándose nisto, os ítems seleccionados son os seguintes:

  • Os recursos tecnolóxicos (ordenadores de libre acceso, wifi, impresoras e fotocopiadora) son satisfactorios. Infórmase o Coordinador Tecnolóxico que todas as queixas/suxestións recibidas en materia de tecnoloxía han de resolverse no nun prazo máximo de dous días.
  • A Web do Centro Asociado (claridade, organización da información e eficacia no uso) é satisfactoria. Neste momento o Centro asociado da UNED de Lugo está en fase de Deseño dunha nova páxina web en aras de mellorar o servizo que se ofrece aos estudantes. Preténdese que ao longo do ano 2013 estea deseñada a nova web do Centro.
  • As aulas-clases (espazo, tamaño, equipamento tecnolóxico e estado de conservación) son adecuadas. O Centro asociado cambiará a súa situación do Edificio no que se atopa actualmente (Edificio Forcam) a un novo edificio que se deseñará baseándose nas necesidades do Centro asociado. Está previsto que o cambio de sede se realice ao longo do ano 2013 ou principios do 2014.

 

PLAN DE MELLORA PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

 

Á vista dos resultados da enquisa de satisfacción do persoal (xullo 2013) seleccionáronse os ítems cunha puntuación máis baixa, que estivesen directamente relacionados co plan de xestión e as liñas estratéxicas do Centro para propoñer accións de mellora referentes a estes.

A significación da enquisa foi do 100%, pois todos os traballadores contestaron a esta.

plan-administracion

Tómanse os ítems cunha puntuación máis baixa, que estivesen directamente relacionados co plan de xestión e as liñas estratéxicas do Centro para propoñer accións de mellora referentes a estes.

Baseándose nisto os ítems seleccionados son os seguintes:

  • Dispoño dos recursos (espazo, mobiliario, iluminación, etc.) necesarios para desenvolver correctamente o meu traballo. Dispoñer dunhas instalacións axeitadas á necesidade do servizo foi un obxectivo estratéxico para o Centro de Lugo. Durante os 5 anos de funcionamento do Centro foi unha constante reivindicación da súa Dirección. Nestes momentos iniciáronse as obras de rehabilitación do novo edificio da UNED en Lugo e valorarase, como aspecto fundamental, a adecuación dos recursos e instalacións ás necesidades de cada posto de traballo. Durante a realización das obras visitaranse as novas instalacións e teranse en conta as suxestións e necesidades dos traballadores en canto aos recursos. Preténdese mellorar este ítem un 3%.
  • A retribución económica é xusta en relación coas responsabilidades que teño. Ao longo dos últimos tres anos os traballadores sufriron a diminución do seu poder adquisitivo como consecuencia do ámbito de crise económica. Para conseguir unha mellora no índice de satisfacción neste ítem (2%), logrouse a aprobación dun complemento de calidade e innovación por parte do Padroado do Centro. Este complemento percibirase por primeira vez en setembro de 2013.
  • Existe un sistema de avaliación e recoñecemento do meu traballo. A pesar de que se realizaba unha avaliación do desempeño de todos os traballadores do Centro, esta non era coñecida por cada un deles e non se establecían obxectivos e accións derivadas desta. Estableceranse obxectivos a levar a cabo durante o curso 13-14 e daranse a coñecer os resultados da avaliación a todos os traballadores. Ao longo do curso 13-14 tratarase de definir un sistema de recompensas para as persoas, ligado á avaliación do desempeño. Preténdese mellorar este ítem un 1%.

UNED Lugo

edificio-lugo

Responsabilidade Social Corporativa