/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Declaración de política de calidade

A política do Centro Asociado UNED Lugo respecto á calidade é a de subministrar o servizo de formación académica de acordo cos requisitos establecidos pola Xunta Reitora, as directrices metodolóxicas da Sede Central da UNED, as necesidades dos nosos estudantes e as demandas da sociedade, sen aceptar ningún compromiso que poida afectar á calidade do devandito servizo.

Para iso, a Dirección do Centro asociado comprométese a cumprir estaPolítica de Calidade, o obxectivo final da cal é a aplicación do Sistema de Xestión da Calidade do Centro, co fin de implantar unha política de mellora continua no mesmo.

De igual forma, comprométese a garantir que se respecten por todas as persoas que integran o Centro asociado as disposicións descritas no Manual de Calidade de Centros asociados da UNED.

Con este fin, a Dirección do Centro asociado realizará, de forma periódica a avaliación da aplicación e a eficacia destas disposicións.

Ademais, a Dirección do Centro Asociado dentro deste marco de Calidade, asume o fomento da responsabilidade social, aprendizaxe, cooperación, igualdade e respecto, con todas as persoas membro da Comunidade Universitaria a fin de que se alcancen todos os obxectivos marcados e que o noso alumnado e a sociedade reciban a mellor atención e servizo pola nosa parte.

En Lugo, a 11 de octubre de 2018.

Dª Ana Belén Traseira Pena.
DIRECTORA DO CENTRO ASOCIADO UNED-LUGO.

Política de calidade

tutoria