/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Certificación de niveis de idiomas en setembro a través do CUID da UNED

Do 1 ao 15 de xullo de 2019 permanecerá aberta a matrícula para poder examinarse en setembro do exame de acreditación de idiomas ACLES – CertAcles. Recordamos que o recoñecemento dos exames de CertAcles como a certificación en linguas do mundo universitario esténdese ao ámbito nacional e europeo, incluíndo a CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas).

Durante o curso académico 2018/2019, o CUID realiza exames de acreditación CertAcles para os seguintes idiomas/niveis:

  • Alemán B1 e B2
  • Francés B1 e B2
  • Inglés B1, B2 e C1

Se está interesado na certificación deberá formalizar a matrícula do 1 ao 15 de xullo na páxina  de matrícula do Portal UNED . O calendario de exames estará dispoñible na páxina do CUID sobre certificacións ACLES.