/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED abre o prazo de matrícula para o curso “Preparación para o nivel 4 do CELGA”

Trátase dun curso presencial de lingua galega, que proporciona a todas aquelas persoas interesadas a preparación necesaria para adquirir o nivel lingüístico correspondente ao CELGA 4.
Este curso será impartido por D. Alberte González González, docente ESO e Profesor-titor CUID UNED Lugo
Realizarase de forma presencial desde o 23 de xaneiro ata o 4 de xuño de 2020, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Máis información e matrícula en  Extensión UNED.