A UNED celebra o mes da muller coa segunda edición das “Xornadas Aprendendo Feminismo” e o Certame “Berro de Muller”

Na súa segunda edición, as Xornadas Aprendendo Feminismo centraranse no papel da muller no medio rural e a súa relación co feminismo e as loitas polos dereitos da muller, no Ecofeminismo.

Estas xornadas desenvolveranse entre o 25 e o 26 de marzo no Centro asociado, sendo unha actividade gratuíta para oíntes (sen certificado) presenciais e por streaming.

Neste mes celébrase tamén na UNED, por primeira vez en Lugo, o Festival Internacional de Poesía e Arte Berro de Muller. Creado pola escritora e poeta Jael Uribe e coordinado por Edith Fernández, na súa décima edición baixo o lema ¿Quen berra por ti?

Desenvolverase simultaneamente en todo o mundo do 1 ao 31 de marzo. Para Lugo, a cita será o 27 de marzo de 18:30 a 21:00 horas no Salón de Actos do Centro, onde se lerán tanto os poemas elaborados polos participantes lucenses como os poemas de autores doutros países.

A temática dos poemas, seguindo o citado lema ¿Quen berra por ti?, son as vítimas da violencia de xénero (a parte das propias mulleres), son os orfos dos feminicidios, os orfos de nai, pai ou de ambos os dous, orfos do amor por causa da violencia.

Os interesados en participar deberán enviar un poema á direcciónedithpoesia@hotmail.com, teñen de prazo ata o 1 de febreiro do 2020.

Consulta aquí as bases da Convocatoria