Información coronavirus COVID-19. Suspensión das titorías presenciais. As titorías continúan por webconferencia
Ante a necesidade de elevar a precaución e evitar o contaxio da nosa comunidade universitaria, dende o venres 13/03/2020, a UNED de Lugo, ao igual que o resto de Centros da UNED, suspende as titorías presenciais, servizo que se poderá seguir prestando grazas á tecnoloxía a través de webconferencia.
A UNED dispuxo todos os medios para que os seus estudantes poidan asistir a todas as súas titorías por webconferencia, dende a súa casa sen acudir ao Centro asociado.
A UNED de Lugo recomenda aos seus usuarios que realicen todas as súas consultas telefonicamente (982280202) ou por correo electrónico (info@lugo.uned.es,coordinadoracademico@lugo.uned.es ,secretaria@lugo.uned.es,direccion@lugo.uned.es).
Todos os Centros asociados da UNED, así como os Centros Institucionais, deberán seguir as seguintes instrucións, que faranse efectivas a partir do día 13 de marzo e manteranse en vigor ata novo comunicado:
- Os Centros asociados seguirán prestando servizo docente aos nosos estudantes exclusivamente por medios telemáticos.
- Non se impartirán titorías presenciais, que serán substituídas por titorías virtuais (webconferencia ou videoconferencia). Os profesores titores poderán conectarse dende o Centro asociado ou -preferentemente, cando sexa posible- dende o seu domicilio.
- Manteranse pechadas ao público as bibliotecas, salas de estudio, salas de informática, laboratorios, cafetarías e calquera outro lugar de concentración de estudantes
- Suspenderanse as prácticas presenciais nos Centros asociados.
- Manterase aberta a atención ao estudante e os mostradores de información, atendendo ás necesidades de conciliación familiar e a situacións especiais de risco por motivos de saúde do persoal do Centro. Non obstante, aconsellarase aos estudantes o uso da atención telefónica e do correo electrónico. En caso necesario, axustaranse os horarios e a redistribución de postos ás posibilidades do persoal e do Centro.
- As reunións presenciais (por exemplo, as defensas dos Traballos Fin de Máster e das teses doutorais) ás que estean convocados os estudantes na Sede Central poderán realizarse por medios telemáticos, facilitando os medios técnicos para iso.
- Suspenderanse todas as actividades de extensión universitaria (cursos, conferencias, exposicións, UNED Senior, mesas redondas, etc.) en modalidade presencial. Só manteranse as actividades de extensión on-line.
A UNED Sénior e os cursos “Inglés B1” e “Basic English for daily life” aprázanse 15 días.
Axuntamos a continuación enlace aos comunicados oficiais e información útil sobre o Coronavirus COVID-19: