/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

A UNED dará unha conferencia sobre o cambio climático: “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” e inaugura a exposición co mesmo nome

Mañá xoves, 9 de xaneiro ás 19:30, terá lugar a inauguración da Exposición sobre o cambio climático: O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.

A exposición está baseada no proxecto CLARITY, Acción Educativa polo Clima. Compóñena 19 paneis nos que se retrata o fenómeno do cambio climático, as súas causas e respostas que se están a propoñer para facelo fronte. Con ela preténdese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do quentamento global, informando sobre as súas causas e consecuencias tanto a nivel global coma en Galicia.

A exposición estará aberta ao público ata o 20 de xaneiro.

Como parte desta inauguración, don Ignacio Zúñiga López, catedrático do Departamento de Física Fundamental da UNED e director do Centro asociado de Ávila, dará unha conferencia sobre o cambio climático. As persoas interesadas poden elixir a asistencia presencial ou online, en directo ou en diferido, o 9 de xaneiro  de 19:30 a 20:30 horas. Dispón de máis información e acceso a matrícula gratuíta na páxina de Extensión Universitaria.