/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Extensión Universitaria

As actividades de Extensión Universitaria son todos aqueles cursos, xornadas, seminarios, congresos, charlas, conferencias, etc., impartidos no Centro Asociado e as súas Aulas e que se realizan baixo as diversas formas da nosa metodoloxía, calquera que sexa a titulación esixida aos alumnos inscritos nestes e encamiñadas á expedición dun certificado.

Adoitan ser actividades cunha combinación de metodoloxías: presencial, videoconferencia, por Internet en directo e por Internet en diferido.

Unha gran parte destas actividades están abertas a calquera persoa interesada nos temas a tratar.

En todas as actividades se expiden certificados e nunha gran maioría concédense créditos ECTS, créditos recoñecidos pola UNED e o Espazo Europeo.

Tamén estarán comprendidas nas actividades de extensión universitaria, os congresos e seminarios organizados na Sede Central ou noutros Centros Asociados.

 

Extension universitaria UNED - Campus Noroeste