/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Divulgación científica

Semana da Ciencia

Setenta alumnos de 1º e 2º de ESO do IES Xoan Montes e do IES A Nosa Sra. dos Ollos Grandes participaron o día 4 de decembro de 2009 ás 9:15 e ás 12:15, no Festival da Ciencia para a Mocidade organizado polo Centro Asociado da UNED de Lugo.

A preocupante caída no recrutamento de mozos científicos e estudantes de ciencias nos países desenvolvidos e a sorprendente desconfianza dos seus cidadáns cara á ciencia, fan da popularización científica un obxectivo prioritario. É obrigación de calquera Institución de nivel superior divulgar os resultados dos seus proxectos de investigación científica e tecnolóxica tendo sempre como premisa a importancia de desenvolver o interese pola ciencia xa desde a infancia.

Con esta actividade preténdese mostrar in situ aos nenos e nenas visitantes como a aprendizaxe da ciencia pode ser unha actividade satisfactoria e divertida. O talento, a paixón e moitas futuras vocacións maniféstanse especialmente entre os 10 e os 14 anos e esa é, polo tanto, a franxa de idade á que esta acción vai especialmente dirixida.

Catro Profesores da Facultade de Ciencias de Sé Central da UNED en Madrid: Carmen Sánchez, Isabel Esteban, Álvaro Perea e Mª Anxos Farrán, desprazáronse ao Centro Asociado de Lugo para impartir esta Xornada da Ciencia.

As actividades programadas foron as seguintes:

Experimentos sinxelos con plásticos:

Vanse a realizar tres experimentos sinxelos e moi rápidos nos que se demostrará como se pode obter o nylon e a espuma de poliuretano, e como funcionan as “partículas superabsorbentes”. Neles non hai que tomar especiais precaucións e poden participar activamente os escolares.

divulgacion-cientifica

A historia dos plásticos:

Charla temática na que se utiliza unha perspectiva histórica para presentar que son os plásticos, os principais tipos e as súas aplicacións.

As reaccións oscilantes. Ondas químicas:

Trátase dunha demostración práctica das reaccións oscilantes, que se caracterizan por presentar variacións rítmicas na concentración dalgunha das sustancias químicas que participan e que poden utilizarse como modelo para estudar os reloxos biolóxicos (por exemplo, o latexado do corazón). No experimento que se propón a cor dunha disolución cambia ciclicamente, dependendo da concentración das diferentes especies químicas que se van formando mentres ten lugar unha reacción química.

Vaia secredos agocha o máis pequeno:

Charla temática sobre reaccións químicas oscilantes.

semana-de-la-ciencia