/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

O Centro Asociado da Uned de Lugo abre o prazo de matrícula para o curso “Técnicas de Estudo Autorregulado”

O COIE (Centro de Orientación e Emprego) de Lugo,  en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo,  organizan o curso de extensión universitaria “Técnicas de Estudo Autorregulado”. Este curso contribúe a que os alumnos coñezan as características e esixencias do modelo educativo da UNED, á vez que lles permite iniciarse nas técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo. Pretende ser un apoio inicial, en especial, aos novos estudantes que lles permita abordar con éxito os seus estudos universitarios a distancia. Ten como obxectivo familiarizar ao alumno coa metodoloxía propia da UNED.

Este curso será impartido por Dª María Fuensanta Otero Beltrán, coordinadora de Extensión  Universitaria do C.A. Lugo e Aula de Foz, e titora con Venia Docendi en UNED Lugo

Realizarase online ou presencial os día 23 e 30 de outubro, en horario de 16:00 a 21:00 horas. Consta de 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración aprobados. O custo é de 10 euros para desempregados e persoas do ámbito da UNED, 5  euros para discapacitados e 20 euros para o resto.

Máis información e matrícula en: http://extension.uned.es/actividad/20358&codigo=TDEA