/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Comezan as titorías na UNED de Lugo

Este luns, día 7 de outubro de 2020, inícianse as titorías do curso 2019-2020 na UNED de Lugo. Todos os alumnos que o desexen poden consultar aquí como acceder aos seus horarios.

As titorías suspenderanse os días 9 e 10 coincidindo coas Xornadas de Acollida. Estas xornadas buscan familiarizar aos novos alumnos co campus virtual e coa plataforma aLF, así como, dar a coñecer todos os recursos educativos da UNED. Son totalmente gratuítas. A matrícula para o día 9 está completa, pero aínda quedan prazas dispoñibles para o xoves 10  (de 17:30 a 20:00 horas).