/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Aberto o segundo período de matrícula na UNED

Para Grao, másteres oficiais, idiomas, Acceso a maiores de 25 e 45 anos e acreditación de sistemas educativos estranxeiros ou sistema español no estranxeiro

A UNED habilita o seu segundo período de matrícula entre o 5 de febreiro e 10 de marzo para todas as materias do segundo semestre dos estudios de Grao e a maioría dos másteres oficiais, opcións destinadas a estudantes non matriculados anteriormente e aos que queiran ampliar materias. O prazo de Admisión esténdese ata o 10 de marzo.

Na ampla gama de opcións de formación superior, os que desexen participar na proba libre de Acceso á Universidade para maiores de 25 ou 45 anos teñen habilitados os prazos ata o 28 de febreiro. Os que buscan avaliar o seu nivel coa Proba Libre de Idiomas do CUID, poden inscribirse ata o 11 de maio. Para as e os estudantes internacionais que desexen a súa acreditación UNEDasiss dispoñen dun amplo prazo de inscrición, dende o 4 de febreiro ata o 1 de decembro. E aquelas persoas que estudan no sistema educativo español no estranxeiro e desexan acceder ao sistema universitario español poden inscribirse na proba PCE/EBAU entre o 18 de febreiro e o 6 de maio.

A universidade que se adapta a ti

O obxectivo da UNED é flexibilizar todos os prazos para permitir que os estudantes encaixen as súas probas e avaliacións ás súas condicións individuais de vida laboral e persoal. Por iso, nesta convocatoria de febreiro pode, en xeral, formalizarse a matrícula cun mínimo de 36 créditos no caso dos estudantes que se matriculan por primeira vez nun Grao ou dun mínimo de 30 créditos no resto dos casos. É preciso revisar a normativa específica de determinados estudios que incorporan anexos ou excepcións, como, por exemplo, o Grao e TFG de Psicoloxía, que permite a matrícula cando se precisa un pequeno número de créditos para completar o Plan de Estudios e alcanzar a titulación.

Para a maior parte de oferta de másteres rexe a norma xeral e nos TFM titelados é preciso un acordo co coordinador dos seus estudos. Non se admitirán solicitudes de matrícula nas materias de carácter anual, en prácticas curriculares, nin nos másteres de Psicoloxía Xeral Sanitaria; Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas; Acceso á Procura; nin Facenda Pública e Administración Financeira e Tributaria. Tampouco se admite, nesta convocatoria, o pagamento fraccionado da matrícula.

Máis información