/* Xavier: quitamos "http:" nos enlaces a googleapis para que cargue ben por http ou https*/

Acceso á UNED para maiores de 40 anos por experiencia profesional

As persoas que cumpran ou que teñan cumpridos os 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria e acrediten unha determinada experiencia profesional ou laboral, poderán acceder a cursar un Grao na  UNED relacionado con esa experiencia previa, sempre que non conten xa cun título que lles dea acceso á Universidade ( PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior etc.)

Os interesados deben cumprir, por tanto, 3 REQUISITOS:

  • Cumprir 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria.
  • Non ter obtido o acceso á universidade por outra vía ( PAU-Selectividade,  PAU-acceso para maiores de 25 e 45 anos, título de Técnico Superior en Formación Profesional ou equivalente ou outros títulos que dean acceso).
  • Acreditar experiencia laboral ou profesional relacionada co Grao ao que se pretende acceder.

O prazo de matrícula para o curso académico 2018/19 será do 15 de marzo ao 15 de abril de 2019.

Matrícula en liña:   https://acceso40. uned.es/