Retorno ás titorías presenciais no Centro Asociado de Lugo
A partir do luns 1 de marzo as titorías volven a ser presenciais no Centro Asociado de Lugo. En determinados casos o titor non poderá estar presencialmente no centro (debido ás restricións que aínda persisten) emitindo, nese caso, a titoría por webconferencia desde a súa casa. Para saber se unha determinada materia está afectada por esta situación o alumno deberá revisar o seu correo de estudante UNED.