Apertura do período de matrícula de febreiro para o curso 2015-2016



Curso 2015/2016. Matrícula de febreiro

O segundo período de matrícula estará aberto desde o 1 de febreiro ata o 7 de marzo de 2016, e durante este período poderán matricularse:

  • a) Estudantes que non se matricularon na convocatoria de setembro.
  • b) Estudantes que se matricularon na convocatoria de setembro dun mínimo de 40 créditos e queiran ampliar a súa matrícula.
  • c) Os estudantes que non cumprindo o requisito anterior, réstenlles para concluír o plan de estudos, separadamente do Traballo Fin de Grao ou Máster, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual.

O estudante debe cumprir os requisitos de acceso e, no seu caso, de familia numerosa, antes do 1 de outubro do curso vixente.
Os estudantes NON poderán matricularse de:

  • a) Materias con prácticas curriculares ou experimentais.
  • b) Materias anuais ou do primeiro cuadrimestre, salvo no caso de estudantes que se atopen no anterior suposto.

Traballo Fin de Grao: Só se permitirá a matrícula nesta materia cando ao estudante lle resten para concluír do seu plan de estudos, separadamente do Traballo Fin de Grao, dúas materias cuadrimestrais ou unha anual, sempre que se matricule de todas elas, incluído o TFG. No entanto:

  • a) No Grao de Psicoloxía non se admitirá a matrícula do TFG en ningún caso.
  • b) Supedítase ao que se determine na súa normativa específica ou, na súa falta, á aprobación do Coordinador de Grao, a matrícula do TFG no Grao en Historia da Arte e os graos pertencentes ás Escolas de Enxeñería Informática e Industriais.

Traballo Fin de Máster: A matrícula nesta materia está condicionada á aceptación por parte da Comisión Coordinadora do Máster.

IMPORTANTE: Non se admitirá o pago aprazado.