A UNED abre o prazo de matrícula de febreiro 2016

A UNED abre o seu prazo de matrícula en febreiro, que permanecerá aberto entre o 1 de febreiro e o 7 de marzo de 2016. A convocatoria diríxese a estudantes que non se matricularan en setembro; aos que se matricularon en setembro dun mínimo de 40 créditos e queiran ampliar a súa matrícula; e aos que resten dúas materias cuadrimestrais ou unha anual para concluír o seu plan de estudios.

Os estudantes non poderán matricularse de materias con prácticas curriculares ou experimentais; das impartidas no primeiro cuadrimestre ou das anuais cando lles restan dous ou máis materias.

Existen condicións especiais de matrícula para os Traballos Fin de Grao e os Traballos Fin de Máster, e tamén nas facultades de Psicoloxía e Historia da Arte e nas Escolas de Enxeñaría Informática e Industriais.

A convocatoria de matrícula de febreiro, implantada pola UNED o pasado curso, nace co obxectivo de ofrecer aos estudantes unha maior flexibilidade e unha mellor planificación dos seus estudios. Toda a xestión se realiza en liña e non suporá novas taxas de secretaría nin de seguro escolar para os estudantes, salvo que a anterior fose anulada. O pagamento realizarase nun único prazo.

 

Instrucións para a matrícula de febreiro

Máis información

Plan de Acollida da UNED