A UNED de Lugo, a Fundacíón Breogán e Ecoballution entregaron os premios do proxecto “Ningún Aro Sen Rede” a centros educativos da provincia de Lugo

Susana López Hermida e Verónica Eiravella Barreira, Directoras do CEIP de Celeiro e do CEIP de Casás respectivamente, recolleron esta tarde de mans do Director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, e da Directora da UNED Lugo, Ana Traseira, os agasallos da UNED Lugo, Ecoballution e o CB Breogán, colaboradores neste proxecto baseado na economía circular e na reciclaxe.

Os premios foron entregados aos colexios máis implicados na segunda edición do proxecto “NINGÚN ARO SEN REDE”, que ten como obxectivo fomentar a reciclaxe e a sustentabilidade nos centros educativos da provincia de Lugo. A continuación, detallamos os gañadores e os agasallos desta edición:

C.E.I.P. DE CELEIRO – Celeiro de Viveiro:

  • 75 invitacións para presenciar un encontro do C.B. Breogán.
  • 100€ en libros de temática medioambiental.

C.P.I. VIRXE DO MONTE – Cospeito:

  • 50 invitacións para presenciar un encontro do C.B. Breogán.
  • Un lote de produtos de Ecoballution.

C.E.I.P. CASÁS – Lugo:

  • 25 invitacións para presenciar un encontro do C.B. Breogán.
  • 50€ en libros de temática medioambiental.

Desde a organización, queremos darlles os parabéns non só aos gañadores, senón a tódolos centros participantes nesta pasada edición.

Resultados e Impacto
Este proxecto acadou uns resultados excepcionais, multiplicando por 10 os rexistros de reciclaxe respecto ao curso anterior 2022/23. Todos os elementos de escritura recollidos polos centros serán reciclados para darlle unha nova vida útil no futuro, grazas ao enfoque de economía circular que promove o proxecto.

Inscricións Abertas para a III Temporada
Desde hoxe están abertas as inscricións para tódolos centros educativos de Educación Primaria de Lugo capital e provincia, que desexen participar na III Temporada de “Ningún Aro Sen Rede”.

Apoiando á Fundación Breogán neste proxecto de concienciación medioambiental estarán novamente a UNED Lugo e Ecoballution.

Queda dispoñible tamén toda a información en www.FUNDACIONBREOGAN.org na sección proxectos 2024, e as bases do concurso na seguinte ligazón: BASES III EDICIÓN NASR 24/25