Rectificación do calendario previsto para a convocatoria de concurso de prazas de profesor titor no Centro Asociado de Lugo

Sendo recibida unha modificación do calendario e normas de procedemento para os centros asociados e departamentos, procédese á modificación do calendario previsto para a convocatoria de concurso de prazas de profesor titor no Centro Asociado á UNED en Lugo para o curso 2018/2019:
- Antes do 26 de xullo de 2018: resolución das reclamacións interpostas.
- Antes do 1 de outubro de 2018 : publicación da relación definitiva dos candidatos seleccionados.
Comunícase isto a efectos informativos, advertindo que as datas poderán sufrir modificacións debidas a imprevistos de forza maior, polo que se recomenda aos candidatos consultar a páxina web do Centro Asociado.
Na páxina de Convocatorias pode consultarse o proceso para a resolución das 7 prazas de Profesor-Titor convocadas para o curso 2018/2019.