A UNED de Lugo imparte unha conferencia sobre a emerxencia climática na Asociación de Pais e Nais do CEIP Anexa
O vindeiro xoves 25 de xaneiro de 2024 ás 18:00, a UNED de Lugo, en colaboración coa Asociación de Pais e Nais do CEIP Anexa, impartirá unha conferencia sobre a actual Crise Climática.
A iniciativa, recollida baixo o nome de “Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible”, está amparada dentro de #LugoNaturalmente, un proxecto de divugación ambiental do programa UNEDFutura da Universidade. Esta xorde como resposta ante a crecente necesidade de iniciar un proceso de alfabetización climática da sociedade lucense.
A conferencia será impartida por Ana Traseira, directora da UNED Lugo, e por Paula Fernández, bióloga ambiental do Centro. Nela, farán un repaso histórico sobre o cambio climático, dende a súa orixe, seguindo polas súas causas e consecuencias.
Con esta, serán un total de seis ponencias as impartidas no nome de esta iniciativa que contribúen á creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.