Adela Figueroa Panisse presenta o seu libro “As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida” o xoves na UNED de Lugo

 
 
 
 
A bióloga, activista e escritora galega Adela Figueroa Panisse presentará o seu libro As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida este xoves no Centro Asociado.

É unha obra chea de crueldade e de horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente da necesidade dun certo idealismo xeneroso para poder avanzar.

                            Claudio Rodríguez Fer

Poderase asistir de forma online ou presencial, en directo ou en diferido, o 11 de novembro, ás 20:00 horas.

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/25565&codigo=AMDCD