Celebrado o terceiro dos seis encontros de poetas en Lugopoética 2024
O pasado 4 de abril celebrouse na Uned de Lugo o terceiro dos seis encontros previstos en Lugopoética 2024, no que interviñeron as poetas María Xosé Lamas e Brenda Mondelo, con raíces na Terra Chá e as montañas do Cebreiro, respectivamente
Os anteriores encontros, que coordina Xulio Xiz, xuntaron a Marica Campo e Eva Teixeiro, e Lois Pérez e Daniel Irimia. O cuarto vaise celebrar o próximo 25 de abril, xoves, ás seis e media da tarde na sede da Uned, participando Xosé Otero Canto e Antonio Calvo Varela.
Lugopoética 2024, que nace con intención de continuidade, e que este ano culminará coa edición dun libro que resuma os seis encontros previstos, está promovida por Egeria e apoiada pola UNED de Lugo e a Xunta de Galicia.