Mañá terá lugar na UNED de Lugo a segunda sesión de Fiadeiras, unha actividade cultural e feminista da UNED Lugo
Antía Otero será a protagonista desta segunda sesión, que terá lugar mañá venres, 12 de abril, ás 18:30, no salón de actos do centro.
Antía Otero é unha das poetas de referencia da poesía galega e estatal e, ademais, é unha das responsábeis de Apiario, proxecto editorial de longo percorrido que se distingue pola calidade, o gusto e o rigor das súas publicacións. Antía acumula tamén longa experiencia impartindo obradoiros en centros de ensino. Xa sexa como medio de aproximación á poesía, con monográficos sobre autoras/es específicas/os ou cunha serie de propostas nas que se aborda o poético dende diferentes perspectiva.
Fiadeiras achegaranos as experiencias e impresións de varias mulleres galegas que hoxe son referentes indiscutíbeis nos seus correspondentes campos de creación e/ou actividade e que, a través da súa participación axudarannos a formular mellor algúns dos interrogantes e desafíos que como mulleres enfrontamos en todo tipo de ámbitos.
Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa UNEDFutura.
Máis información e matrícula: