Día da biblioteca

Hoxe é un día moi importante para ti e quizais non te acordaras… Non é o aniversario da túa irmá, non é o santo do teu avó, non é o aniversario de teus pais…¡É o día da túa biblioteca!
Si, o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas, dende que en 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura, instaurou esta data, en recordo da destrución da biblioteca de Sarajevo. ¿O obxectivo? Facer fincapé na importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Para celebralo que menos que compartir convosco o NOVIDOSO RECURSO ELECTRÓNICO que pon á vosa disposición a UNED, a plataforma “Ebrary” con moitas das bibliografías básicas da UNED en formato electrónico. Anímate a consúltalo http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93%2C26012339&_dad=portal&_schema=PORTAL