A UNED de Lugo lanza unha entrevista exclusiva co divulgador ambiental Ekodiuku sobre a crise climática

Hoxe, 6 de novembro, a UNED de Lugo estrea unha entrevista especial co divulgador ambiental Ekodiuku, gravada durante a súa recente visita a Lugo o pasado 24 de outubro, cando ofreceu unha conferencia no centro para conmemorar o Día Internacional contra o Cambio Climático. Nesta entrevista, Ekodiuku afonda nos desafíos máis urxentes da crise climática e na necesidade de actuar de xeito inmediato. A entrevista foi publicada nas canles sociales da UNED de Lugo.
Durante a súa conferencia titulada “Crise Climática e Redes Sociais: Entre a urxencia, a indiferenza e o negacionismo”, Ekodiuku analizou as complexas interaccións entre o cambio climático e a percepción pública influenciada polas redes sociais. Na entrevista, expón como a desinformación e a sobrecarga informativa nas plataformas dixitais afectan a conciencia ambiental e explora como a educación ambiental pode ser unha ferramenta clave para fomentar a acción colectiva.
Ekodiuku destacou a urxencia de construír unha conciencia colectiva que impulse a sustentabilidade dende todos os niveis, tanto individual como colectivo. Tamén abordou propostas de colaboración global e fortalecemento de políticas públicas que se centren na mitigación do cambio climático e na protección do entorno.
Con esta acción, a UNED de Lugo reafirma o seu compromiso coa divulgación e a educación ambiental, promovendo o diálogo, a reflexión e o coñecemento en torno á crise climática. Esta iniciativa busca inspirar a estudantes, académicos e á comunidade en xeral a actuar xuntos para protexer o futuro do planeta.