Co gallo do 25N, a UNED de Lugo organiza a actividade “Non estades soas”

Aberto o prazo de matrícula

Xuristas abordarán nesta actividade os aspectos relevantes en relación coa violencia de xénero dende unha perspectiva xurídica, esencialmente penal e procesual.

Participan nesta actividade: Roberto Barba Alvedro, maxistrado e director xeral da loita contra a violencia de xénero; Susana Pazos Méndez, maxistrada; Carlos Suarez-Mira Rodríguez, maxistrado, profesor titular de Universidade e titor UNED Coruña; Ana Libertad Laliena Piedrafita, maxistrada e profesora ordinaria Escola Xudicial (AREA PENAL); Begoña Santos Fernández, avogada ICA Lugo, profesora titora de Dereito Penal UNED Lugo, exdirectora xeral de Xustiza Xunta de Galicia; Ana Jartín Abraira, psicóloga-perito del IMELGA (SUBDIRECCION DE LUGO); Aurea Martínez de la Fuente, fiscal Fiscalía Provincial Lugo; Pilar García Puertas, avogada ICA Lugo, presidenta de “Xustiza e Diversidade”; Sandra Piñeiro Vilas, maxistrada e titora UNED Lugo; Adriano J. Alfonso Rodríguez, doutor en Dereito, xuíz, titor UNED Lugo.    

Realizarase online e presencial do 18 ao 21 de novembro.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/40645&codigo=NESSU