A UNED de Lugo ofrece a sexta edición do seu curso sobre Mediación civil, familiar e comunitaria

Aberto o prazo de matrícula

Na súa sexta edición, este curso está validado como formación específica e necesaria para o cumprimento dos requisitos que garanten o acceso ao Rexistro de Mediadores Estatal do Ministerio de Xustiza de España, incluíndo a posibilidade de acceder ás especializacións de Mediación Civil, Mediación Familiar e Mediación Xeral, así como a outros Rexistros públicos e privados de Galicia e outras CCAA.

A Mediación converteuse nunha ferramenta fundamental para a nosa sociedade, xa que cada vez xoga un papel máis importante a resolución dos conflitos de forma pacífica, fomentando o mutuo acordo. Por mor da entrada en vigor da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de Mediación en Asuntos Civís e Mercantís, e a posterior aprobación do Real Decreto polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, o 13 de decembro de 2013, España conta xa cunha ordenación xeral, na que se marcan os requisitos necesarios para o exercicio da profesión.

Será impartido por: Francisco Javier Mingorance Cózar, pedagogo, mediador oficial habilitado polo Ministerio de Xustiza do Goberno de España e do Departament de Xustiza da Generalitat de Catalunya; Dr. Tomás Fernández Villazala, capitán da Garda Civil e xefe de Sección na Oficina contra Delitos de Odio; Jesús María García Martín, coordinador de Extensión Universitaria UNED Teruel e Dr. Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, doutor en Dereito, xuíz, mediador e profesor Titor UNED Lugo.

Realizarase online do 29 de novembro ao 25 de febreiro, cun total de 300 horas lectivas. 

Máis información e matrícula: 

https://extension.uned.es/actividad/39237&codigo=CMCFY