A UNED de Lugo organiza unha charla de alfabetización climática en colaboración coa Fundación ABANCA
A UNED de Lugo, a través do seu proxecto #LugoNaturalMente, imparte unha charla de alfabetización climática destinada a concienciar á sociedade sobre a importancia de actuar fronte ao cambio climático. A actividade, que conta coa colaboración da Afundación ABANCA, tivo lugar no Espazo +60 o pasado xoves 21 de novembro.
A charla ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación sobre os desafíos ambientais actuais e promover un cambio de actitude cara a hábitos máis sustentables. A actividade enmárcase dentro das iniciativas impulsadas por LugoNaturalMente, un proxecto da UNED de Lugo que busca fomentar o respecto e a preservación da contorna natural na provincia, implicando tanto á comunidade local como a institucións e colectivos.
Durante o evento, abordáronse cuestións crave relacionadas co cambio climático, incluíndo o seu impacto a nivel global e local, e ofrecéronse ferramentas prácticas para contribuír á sustentabilidade desde o ámbito persoal e colectivo.
Espazo +60 de Afundación de ABANCA, un punto de encontro para o desenvolvemento de actividades culturais e formativas convértese no escenario ideal para esta charla. Este proxecto encarna o compromiso compartido entre a Fundación ABANCA e a UNED de Lugo por promover valores de responsabilidade social e coidado do medio ambiente entre todas as xeracións.