A UNED de Lugo visitou o I.E.S Sanxillao para falar de bulos climáticos

A UNED de Lugo, baixo o amparo do seu proxecto #LugoNaturalMente achegouse o xoves 15 de maio, ao instituto Sanxillao para impartir una charla sobre desinformación climática ao alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato. A finalidade da conferencia foi concienciar aos máis novos sobre a emerxencia climática actual e dotar  ós oíntes de ferramentas para recoñecer e desmontar os bulos que xiran arredor desta temática con argumentos baseados na ciencia, evitando a confusión social que xeran case sempre de maneira intencionada.

A presentación está recollida baixo o nome de “Bulos Climáticos: como defenderse ante a desinformación”, una iniciativa de divulgación ambiental da UNED de Lugo, que foi impartida polos biólogos do proxecto, Paula Fernández Moure e Alejandro Rodríguez García.

Coa de onte, xa suman un total de catro, os relatorios no nome desta iniciativa, contribuíndo a creación dunha cultura científica e ambiental na sociedade lucense.