Conversacións sobre “As Pandemias” con Fernando Valladares

O vindeiro martes, 11 de marzo de 2025, ás 19:30 horas, o Centro Asociado da UNED en Lugo será o escenario da presentación do libro “As pandemias” do recoñecido ecólogo e investigador Fernando Valladares. O evento, levará a cabo no salón de actos do centro e contará coa presenza da directora da UNED en Lugo, Ana Belén Traseira Pena.

Fernando Valladares, doutor en Bioloxía e investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é recoñecido polo seu labor no ámbito da ecoloxía e o cambio global. O seu novo libro, “As pandemias”, ofrece unha reflexión profunda sobre como nosa relación coa natureza, o cambio climático e a degradación ambiental están a incrementar o risco de pandemias emerxentes. A obra convida a repensar o noso papel no equilibrio ecolóxico do planeta e destaca a importancia da ecoloxía e a evolución na prevención de futuras crises sanitarias.

A participación de Valladares neste evento reviste especial relevancia, xa que é o padriño do Proxecto #LugoNaturalMente” da universidade, unha iniciativa que busca promover a sustentabilidade e a educación ambiental na rexión. O seu compromiso con este proxecto evidenciouse en decembro de 2023, cando presentou na UNED de Lugo o seu anterior libro, “A recivilización. Desafíos, cambadelas e motivacións para arranxar o mundo”, nun acto que abordou a necesidade de reformular o noso modelo de civilización para enfrontar a crise climática e socioeconómica actual.

A presentación de “As pandemias” está aberta ao público e ofrece a posibilidade de asistencia tanto presencial como online, en directo ou en diferido. A inscrición é gratuíta e pode realizarse a través da páxina web da UNED de Lugo ou vía telefónica https://extension.uned.es/actividad/idactividad/43247.