O alumnado da UNED Sénior de Historia da Arte visita o Museo Provincial de Lugo

O alumnado da materia Empezando a coñecer a Historia da Arte, do programa UNED Sénior que se desenvolve na UNED de Lugo, realizou unha visita formativa ao Museo Provincial de Lugo.
 
A actividade estivo guiada por un dos guías do museo, quen achegou ao grupo tanto ás pezas máis emblemáticas como ás máis descoñecidas e singulares da colección. A visita contou coa compaña e colaboración da profesora da asignatura, Raquel Iglesias Rodríguez, historiadora da arte, quen complementou as explicacións cun enfoque didáctico e especializado.
 
A UNED de Lugo quere agradecer expresamente a colaboración do Museo Provincial e da súa directora, Dª Aurelia Balseiro García, pola súa receptividade e compromiso coa formación cultural das persoas maiores.
O envellecemento activo é un dos principais logros da UNED Sénior, que neste cuadrimestre duplicou a súa oferta formativa no centro universitario de Lugo, consolidándose como unha ferramenta de aprendizaxe permanente e de cohesión social na provincia.