Avaliación por compensación (Facultade de Educación)
Desde o Vicedecanato de Ordenación Académica da Facultade de Educación, comunican que do 1 ao 19 de outubro de 2018 (ambos incluídos) poderán presentarse as solicitudes de avaliación por compensación, que o Tribunal resolverá durante os 45 días seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes, de acuerdo cos Regulamentos vixentes.
Toda a información, así como a documentación relacionada, poderá consultarse a partir do 17 de setembro de 2018 na sección de estudantes da web da Facultade de Educación, onde tamén estará dispoñible o formulario de solicitude para a cumprimentación en líña e envío telemático durante o período establecido.