Presentación do curso “Seminario práctico do recurso de casación civil e penal”

O venres 13 de marzo de 2018 comeza o curso de extensión universitaria “Seminario práctico do recurso de casación civil e penal” no Centro Asociado da UNED de Lugo.
O curso pretende introducir aos asistentes na técnica do recurso de casación civil e penal coa análise dos aspectos prácticos. O devandito curso desenvolverase ao longo de 8 horas presenciais (sesións de 2 horas os venres a partir das 19:00). Posteriormente o alumno deberá realizar un traballo autónomo co fin de redactar o recurso de casación. Os alumnos poderán asistir ao curso presencialmente, velo por streaming en directo, ou por grabación en diferido.
Para máis información visite a páxina web do curso na Plataforma de Cursos de extensión Universitaria ou consulte o vídeo de presentación do curso.