Convocatoria de voluntariado na UNED

Como cada ano a UNED abre a Convocatoria para participar como voluntari@, para o apoio, a participación e a aprendizaxe dos estudantes con minusvalidez da UNED.
A UNED conta co maior número de estudantes con minusvalidez das universidades españolas, e de aí nace a importancia do compromiso de toda a comunidade universitaria no apoio, a participación e a aprendizaxe de todos os estudantes con minusvalidez que integran a comunidade universitaria.
O Centro de Atención a Universitarios con Minusvalidez da UNED (UNIDIS), dependente do Vicerrectorado de Estudiantes e Emprendimiento, quere mostrar o seu apoio ao fomento do Voluntariado e por iso quere facer chegar a toda a comunidade universitaria esta convocatoria sobre o voluntariado e os estudantes con minusvalidez na UNED.
Con esta convocatoria preténdese potenciar a participación como voluntari@ na UNED, visibilizar as accións de voluntariado e impulsar a sensibilización mediante o achegamento de toda a comunidade universitaria aos estudantes con minusvalidez, dedicar un esforzo a mostrar e poñer en valor o labor dos voluntarios, e lanzar un CHAMAMENTO a toda a comunidade universitaria nestes momentos tan delicados nos que nos atopamos.
Poderanse recoñecer ata 2 créditos ECTS, por curso académico, en función das horas de dedicación en tarefas de apoio aos estudantes con minusvalidez, previstas dentro do marco de actividades solidarias e de cooperación da UNED (Plan de Voluntariado UNIDIS), baixo a planificación e supervisión de UNIDIS, Centro de Atención a Universitarios con Minusvalidez da UNED.
Achégase a continuación o enlace para poder realizar a inscrición:
INSCRIPCIÓN EN LA BOLSA DE VOLUNTARIOS EN LA UNED
Pode tamén contactar a través dos seguintes enderezos:
- Voluntariado UNIDIS (Esther Sevillano)
- UNIDIS, Centro de atención a universitarios con minusvalidez da UNED.
- Bravo Murillo, 38 -28015 Madrid
Dispón tamén de toda a información na web de UNIDIS:VOLUNTARIADO UNED .