Aberto o prazo de matrícula para a proba libre de idiomas na UNED

A Proba libre de idiomas do CUID ofrece a oportunidade de acreditar o seu nivel de idiomas sen ter que facer un curso completo, cunha extensa oferta de idiomas e niveis para escoller.

Non se precisa posuír titulación académica algunha.

Os exames constan de 4 subprobas e desenvólvense nunha única convocatoria (maio-xuño) de maneira que non se conservan notas parciais. A parte oral realízase mediante a aplicación E-Oral (desde a ubicación que se elixa) mentres que a parte escrita realízase a través de AvEx (Aula Virtual de Exames da UNED).

A matrícula permanecerá aberta do 20 de abril ao 12 de maio.

Dispón de toda a información en Portal UNED.