A UNED de Lugo organiza unha serie de actividades para axudar aos estudantes na formulación dos seus traballos de Fin de Grao e Máster
Como cada curso, a UNED de Lugo ofrece formación a docentes e a estudantes sobre coñecementos e estratexias para manexar técnicas de investigación. Nesta ocasión, ofrécense unha serie de actividades centradas cada unha nunha especialidade. É dicir, a súa elaboración é específica para cada Facultade.
- Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito Científico-Tecnolóxico: Cuestións de fondo, online ou presencial, do 28 de outubro ao 25 de novembro.
- Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito de Comunicación e Social: Cuestións de fondo, online ou presencial, do 27 de outubro ao 24 de novembro.
- Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito Científico-Tecnolóxico: Cuestións de forma, online ou presencial, do 8 ao 29 de novembro.
- Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito Social e da Comunicación: Cuestións de forma, online ou presencial, do 8 ao 29 de novembro.
Estas actividades serán impartidas por Rocío Cuiña Cotarelo, doutora enxeñeira de Montes (Doutoramento Europeo: Investigación Agraria e Forestal)