Curso “Policia Xudicial e Dereito Penal: Realidades e Desafíos”
Do 3 de novembro de 2017 ao 19 de xaneiro de 2018 o Centro Asociado Uned Lugo acollerá o curso “POLICIA XUDICIAL E DEREITO PENAL: REALIDADES E DESAFÍOS”. Nel levarase a cabo un exame da realidade penal, procesal e policial dende ópticas variadas a cargo de Profesores Universitarios, Maxistrados, Fiscais, Avogados e membros das FCSE quen introducirán de xeito moi práctico diversos asuntos incluída a operativa policial.
Pode consultar máis información no seguinte enlace http://extension.uned.es/actividad/15146&codigo=JYPP.