A directora da UNED de Lugo e o Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación presentan o curso “España e os novos desafíos en Política Exterior”
A UNED de Lugo ten o gusto de presentar este interesante ciclo de conferencias a preto dun os maiores retos da historia recente.
Ao longo do ciclo contaremos coa visión de catro figuras de grande relevancia no campo da xeopolítica, a economía, a enerxía e o medio.
O ciclo inaugurarase co relatorio de D. Miguel Ángel Ballesteros Martín, director do Departamento de Seguridade Nacional do Gabinete da Presidencia do Goberno de España, xeral de Brigada de artillaría. Na súa conferencia analizará o papel De España e a Unión Europea ante as consecuencias provocados pola guerra en Ucraína.
Para reflexionar sobre os desafíos actuais das políticas climáticas e enerxéticas, contaremos con D. Javier Labandeira Villot, catedrático de economía na Universidade de Vigo, integrante pertence ao grupo de investigación Rede e do Centro de Investigación galego ECOBAS, director de Economics for Energy e membro do grupo intergobernamental sobre cambio climático da ONU (IPCC) para elaboración do seu quinto e sexto informes de avaliación.
Tamén, analizaremos a guerra paralela a nivel informativo e tecnolóxico que se está a librar no mundo dixital da man da profesora da UNED e do departamento de Socioloxía, ciencia política e da administración da Universidade de Vigo, Dª. Rosa Ricoy Casas.
Para completar a panorámica do mundo actual, deterémonos na análise das políticas migratorias coa profesora do Departamento de Economía aplicada e Xestión Pública da UNED, Dª. Myriam C. González Rabanal.
O relatorio inaugural impartido polo xeneral Ballesteros levarase a cabo o xoves 6 de outubro ás 18.30 horas no Salón de Actos da UNED.
A matrícula para esta actividade, en modo presencial ou on-line, é totalmente gratuíta e deberá de cursarse a través da páxina da UNED.https://extension.uned.es/actividad/27950&codigo=EYLND