A próxima semana comeza a terceira edición do curso sobre psicoloxía deportiva da UNED de Lugo

Aberto o prazo de matrícula

Nesta actividade darase a coñecer unha disciplina relativamente nova e con moita proxección de futuro, como é a Psicoloxía deportiva.

Os asistentes poderán aprender diversas técnicas empregadas na Psicoloxía Deportiva para optimizar o rendemento dos e as deportistas e nesta terceira edición, como novidade, darase a coñecer o traballo dun psicólogo en categorías formativas, non só se tratará o traballo no alto rendemento.

Será impartido por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo

Realizarase online ou presencial, do 21 de outubro ao 18 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/40171&codigo=PDQC